viernes, 25 de diciembre de 2009

un noble consuelo

É obvio que o balance dunha galopante destrucción da calidade
da educación non é un espexismo.
O flagrante analfabetismo, propiciado polo fracaso do sistema
educativo ,disparou a alarma social, sobre todo entre os profesores,
deseperados ante a incapacidade manifesta de moitos dos seus
alumnos para entender e comprender.
A equívoca orientación do sistema educativo, con métodos
totalmente caducos e obsoletos, provoca un desaxuste que
afecta tanto ós alumnos coma ós profesores.
Deste xeito,podemos considerar a educación coma unha mestura
de entretemento,satisfacción instantánea e espectáculo, que
busca rematar coa capacidade de análise crítica da cidadanía,
inoculado a partir da destrución do aparello educativo ou
promover unha "escola da ignorancia", na que a tiranía dos
alumnos, a frustración e a perda de autoridade dos profesores
e a guerra nas aulas, non é un problema de percepción casual.
Nas derradeiras décadas, a política conquistou a escola. a través
de teorías que non teñen como meta a adquisición de coñecementos,
senón o cambio da sociedade.
As últimas reformas educativas lograron, nun tempo récord, que a
cultura dos alumnos baixe ata niveis alarmantes, que a mala educación
na vida cotiá dos centros alcanza cotas vergonzosas e que os
profesores estean máis fartos, deprimidos e desesperados que nunca.
Ademais, o gorberno leva a cabo políticas que non permiten ós centros
desempeñar a súa función de institución docente, senón que lles outorga
unha serie de cometidos alleos a súa natureza.
Por outra banda, non sería xusto culpar unicamente ó sistema
educativo do declive da educación, a pesar de que non aporta os medios
modernos e sociais necesarios para un desenvolvemento pleno da
actitude crítica do alumno. Neste fenómeno masivo, xogan un papel moi
importante os pais e titores do alumno, que na maioría dos casos non
fomentan os valores adecuados de ansia por aprender e superarse,
senón que suscitan actitudes conformistas e esclavilizadoras.
Tal vez non sexa doado atribuir un culpable a tales sucesos, pero
do que non cabe dúbida é de que, nas escolas de hoxe en día, o
éxito académico é un accidente indeseable e o fracaso, un noble consuelo.
A ausencia de triunfadores, convirte a todos os alumnos en laureados ó
por maior, en íntimos gañadores dunha carreira sen obstáculos nin
asignaturas pendentes.
O principal xa non é obter unha sólida formación cultural, senón
entreterse ata a náusea.


Cristina Sambad

No hay comentarios:

Publicar un comentario